Tacher

a Tacher non lle gusta o fútbol pero gústanlle os árbitros, porque van de neghro.
o seu deporte favorito é soltar caghadas desde o aire coa esperanza de que alghunha impacte no colexiado de turno. especialmente cando o Cruceiro xogha na casa. ós partidos de fóra non vai por vagancia. nese sentido é unha corva con algho de cadela.
pero xa se sabe que non hai pegha sen mancha neghra.


5 ComentARIOs:
Pois eu creo que as opinións de tacher sempre son moi atinadas. E por vedra xa se sabe: esta noche no alumbraaaaaa la farola del maaaar!!!
foi un pracer e unha terapia traballar contigo e con todo o equipo estas duas tempadas¡meu gotiño! que bo ambiente e que sinxelos.1ooo bikos feliz navidad,por que xa e navidad ,¿non viches o anuncio de freixenet?para ti miguel e pra todo o equipo.hasta pronto e non cambiedes nunca.a vosa cercania cos novatos que ali tivemos faivos grandes e inolvidables pra nos.bikos da familia lopez:no papel de nai divina,no dos seus fillos pilar e vicente e no papel de neto ivan.hasta pronto
posdata.os veciños do 5º votaran de menos as nosas risas os luns,e vivimos no 1º.
Sodes un verdadeiros magos do humor. En Galiza fai falla mais xente como vos nos medios de comunicación. E unha cousa... sabede que sodes mais forte que uns trebellos que miden a audiencia. Porque con Pepe O Inglés pasa que entrar é moi sinxeliño pero sair non o é.
Hola, señor De Lira. Acabo de deixar un comentario no blog de Suso, lembrandolle os vellos bos tempos de Chévere e a TVG. Quería agradecerche non so os bos momentos de POI, senon aqueles do "Lesbique Tecnotroni", "Marujiña, fuersa siete" ou Unha de Romanos. Tamén aquela impresionante interpretación de Chérif no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, no ano 92, cando baixaches ás butacas, con aquel candil, e dixeches, apuntandolle á calva a meu pai: "¿qué e iso que brilla?" Inda lle dura o puteo na casa... Ou aqueloutra de Albert Einstein, con XRon, e Matilde. Bueno, so podo dicir que non podo deixar pasar a oportunidade que me brindastes aquel verán do 91, no tren camiño de Madrid, cando un mocoso impertinente vos tivo dando o coñazo todo o santo viaxe. Gracias a iso coñecín a maxia do teatro, e descubrín o mellor grupo da historia universal: Chévere. De todo corazón, moita sorte, e GRACIAS.
Calculín
crtvg.blogspot.com
Enviar um comentário
<< Início